Os alumnos de 5ºe 6º de Primaria visitamos a exposición
"Emporium, mil anos de comercio en Vigo" no edificio do Verbum.
Vimos como vivían os castrexos naqueles tempos na nosa
terra e a que se adicaban. Tamén comprobamos como era a vida dos
romanos probando as súas armas (que pesaban moito) e ulindo algúns
alimentos da época como a salsa "garum" que cheira fatal. Enterámonos tamén de que os castrexos e os romanos conviviron
pacíficamente en Vigo e que comerciaban entre eles.
Logo levamos á práctica unha excavación arqueolóxica e puidemos
investigar como traballan os verdadeiros arqueólogos. Para iso excavamos
en dous "xacementos" que eran imitacións de dúas tumbas diferentes: unha
dun romano e outra dun homínido do Paleolítico.
¡Foi moi interesante e divertido!
No hay comentarios:
Publicar un comentario