232. TRABALLOS DE MÚSICA DE 4º ESO (16-17)

¿Pensabades que xa rematara a actividade por este curso? ¡¡NON!! Falta un pequeno remate final. O profesor de música de ESO, Carlos Graña, quere amosarvos algúns dos traballos feitos polos seus alumnos/as ao longo do curso.
Estes baséanse nas seguintes pautas:


ANUNCIO PUBLICITARIO 
Os alumnos/as tiveron que crear un anuncio publicitario tendo en conta o produto, a quen vai dirixido, amosar as vantaxes, facer fincapé nos resultados da utilización de dito produto, acompañar con música para magnificar as calidades e apostar pola orixinalidade.




VIDEOCLIP
Un clip de vídeo ou videoclip é unha pez curta filmada que difire da curtametraxe en que é moitísimo máis curto, que está realizado cun ritmo moi rápido, máis parecido ao da publicidade. Os vídeos musicais adoitan realizarse como técnicas de márketing, con multitude de efectos visuais e electrónicos. Son producións moi vivas que teñen por obxectivo chamar a atención do telespectador.




ACROSPORT
O acrosport é un deporte que combina acrobacia e coreografía. No acrosport existen tres elemnetos fundamentais:
a) Formación de figuras ou pirámides corporáis.
b) Acrobacias e elementos de forza, flexibilidade e equilibrios como transicións entre as figuras.
c) Elementos de danza, saltos e piruetas ximnásticas.





No hay comentarios: