248. DÍA INTERNACIONAL DA MULLER (Marzo 2018)

Hoxe na nosa escola conmemoramos o DÍA INTERNACIONAL DA MULLER TRABALLADORA. 
Todas as alumnas e profesoras que integramos o Colexio Bouza Brey unímonos na realización dunha serie de actividades:
  • As alumnas de 3º e 4º de ESO redactaron un manifesto que leron ao resto da comunidade feminina concentrada no patio da escola.
  • Todas elas fixeron un mural coas súas pegadas na cor do día, o morado.
  • Os alumnos e mestres, mentres tanto, permaneceron nas aulas, realizando unha actividade que lles permitiu reflexionar sobre o sentido do día de hoxe.
  • Para rematar os actos, as alumnas da ESO que elaboraron pulseiras lilas, as repartiron a toda a comunidade escolar sen diferenciar o seu sexo.
Con estas actividades intentamos concienciar aos nosos alumn@s da educación en igualdade, xa que a discriminación comeza desde pequenos.
ALUMNAS DA ESO

LECTURA DO MANIFESTO
AS PEQUENAS ESCOITANDO ATENTAMENTE
ALUMNAS DO PRIMEIRO CICLO DA ESO

MURAL COAS PEGADAS DAS ALUMNAS
REPARTO DAS PULSEIRAS ELABORADAS POLAS ALUMNAS DA ESO

No hay comentarios: