264. EXCURSIÓNS FIN DE CURSO (Xuño 2018)

Despois dun curso cheo de traballo chega o mes de xuño, e para abrir boca, antes das merecidas vacacións de verán, aquí temos as imaxes das distintas excursións de fin de curso.
  • Os nenos de 1º e 2º de Primaria  foron ao centro de F.P. A CANCELA, en As Neves, onde visitaron o módulo de Panadería, Repostería e Confitería. Fixeron un obradoiro cos alumnos do Centro e degustaron as súas preparacións. Pasaron un día do máis doce.
  • Os alumnos de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria pasaron o día no Monte Aloia onde comeron e xogaron. Viaxaron no tren turístico que une Valença con Tui e visitaron o Museo do bombeiro.
  • Os alumnos de ESO desprazáronse ata Cabo Home, onde fixeron unha andaina polo roteiro da Costa da Vela, remantándoo na praia de Nerga, onde xantaron e pasaron a tarde.

ÁLBUME DA EXCURSIÓN DE 1º E 2º DE PRIMARIA
ÁLBUME DA EXCURSIÓN DE 3º, 4º, 5º, 6º PRIMARIA
ÁLBUME DA EXCURSIÓN DA ESO

No hay comentarios: