320. BEATRIX, NEMO E OS TESOUROS DO MAR (Xaneiro 2020)


O martes 21 de xaneiro realizamos unha visita moi emotiva á librería A Guía (R/Sanjurjo Badía 108. Teis) para estar presente na sinatura do libro e na entrega do premio da fundación FUNDAMAR á nosa compañeira Mencía Jorge Cabaleiro. Ademais agasalláronnos co conto ilustrado co que ela gañou o concurso: BEATRIX, NEMO E OS TESOUROS DO MAR, o cal trata sobre o cambio climático e a contaminación dos mares, (enlace para ler o relato).
Seguidamente asistimos a o estaleiro Cardama situado en Beiramar onde nos deron unha charla informativa sobre o traballo de reparar e construír barcos. Finalmente permitíronnos visitar un buque de rescate e vixilancia situado no peirao.

Deixámosvos as fotos dese día:

ÁLBUM DE FOTOS

No hay comentarios: