- Conferencia sobre Rosalía de Castro, xa que este ano conmemóranse os 150 anos da publicación de "Cantares Gallegos".
- Visita do ilustrador Suso Cubeiro, o que fixo as delicias dos cativos cos seus debuxos, incluso agasallou á escola cun debuxo de Roberto Vidal Bolaño.
- Actividades didácticas preparadas polos alumnos de 3º ESO para amosar aos pequenos a vida e obra do homenaxeado.
- Obra de teatro posta en escea tamén polos alumnos de 3º ESO titulada "A xuntanza", na que interveñen todas as mulleres que foron homenaxeadas no Día das Letras Galegas, dende Rosalía, como Francisca Herrera Garrido e María Mariño.

Estade atentos ao blog do Equipo de Dinamización Lingüística porque alí estará exposta toda a información das actividades realizadas e seguramente algunhas fotos. Déixovos un par delas, e un vídeo cunha canción de Amancio Prada cuxa letra é un dos poemas máis coñecidos de Rosalía de Castro. Espero que vos guste.
Conferencia sobre Rosalía de Castro |
Ilustrador Suso Cubeiro |
Amancio Prada canta "Adiós ríos, adiós fontes..."
No hay comentarios:
Publicar un comentario