O día 15 de Maio festexamos o día da familia na nosa escola, as actividades levadas a cabo nese día foron as seguintes:
- INFANTIL: fixeron un regalo para a súa familia consistente nunha bolboreta colorida e fermosa. As súas mascotas (Chucu, Lila e Pinto) visitaron as aulas con gran ledicia para os nenos que os bicaban e apertaban moi ledos. E por último, algún dos seus avós e avoas representaron o papel de contacontos por un día para todos eles, acadando a súa atención dende o primeiro momento.
- PRIMARIA: ademáis de realizar todos os cursos un bonito regalo para os seus familiares, o 1º e 2º ciclo tamén recibiron a visita de avós contadores de historias, lidas ou inventadas, e no 3º ciclo a visita foi dun pai e unha nai presentando e contando historias referentes á súa profesión, unha traballadora de Correos e un soldador ¡que interesante!.
Ese mesmo día tiñamos programado un festival pola tarde, pero debido ao mal tempo tivo que aprazarse para o día 31. No festival desfrutamos coas actuacións musicais de todos os cursos de infantil e 1º ciclo de primaria, as exhibicións de patinaxe e Kárate, a entrega de medallas aos nosos subcampións de liga de fútbol, e un pequeno recital de poesía en homenaxe a Federico García Lorca posto en escea por alumnos de 2º ESO. ¡Actuacións para todos os gustos!
Aquí quédavos un vídeo para recordar algúns deses momentos:
No hay comentarios:
Publicar un comentario