207. DÍA DA PAZ (Xaneiro 2017)


Dende 1964, para conmemorar a morte de Gandhi, celébrase o 30 de xaneiro o Día Escolar da Non Violencia e a Paz, recoñecido pola UNESCO en 1993.

Nesta data lémbrase a necesidade da educación para a tolerancia, a solidaridade, o respecto aos Dereitos Humanos, a non violencia e a paz.
Na nosa escola celebramos este día cantando todos xuntos o tema de John Lennon "Imagine", rematando a actuación cunha solta de pompas de xabón.
Deixámosvos un vídeo no que podedes ver algunhas imaxes dese momento acompañadas pola banda sonora en directo das voces dos nosos alumnos.

No hay comentarios: