213. UNS REPORTEIROS DE ALTURA (Febreiro 2017)

Na clase de sexto estamos en plena preparación dos artigos e entrevistas que se publicarán no xornal do colexio dentro do programa Faro da Escola; así que, un grupo de dedididos reporteiros, sen pensalo dúas veces,colleron a gravadora e desprazáronse á Madroa para entrevistar a Vlado Gudelj, un dos maiores goleadores da historia do Celta e actual delegado do equipo. Foi unha entrevista moi interesante na que puideron facerlle moitas preguntas relacionadas con fútbol e coa súa vida en Vigo. Se queredes saber o seu contido non esquezades lela na próxima edición do noso xornal.
Agradecemos a colaboración da nai dunha compañeira de primeiro da ESO que foi quen conseguiu a entrevista e do entrevistado por atendernos tan ben.


No hay comentarios: