338. GRADUACIÓN DE SECUNDARIA (Setembro 2020)

O pasado venres 4 de setembro, celebramos nos xardíns do pazo Quiñones de León, en Castrelos, a graduación dos nosos alumnos/as de 4º de ESO. Unha graduación moi especial xa que por mor da situación que estamos a vivir, non puido ser celebrada como todos os anos na nosa escola, e ademáis con moito retraso nas súas data. 

Pero ainda con todo iso en contra, os profesores do colexio puidemos despedir como se merecen aos nosos alumnos/as e a dous compoñentes das súas familias.

Esperamos que a nova etapa que se abre agora sexa tan feliz coma a que deixades atrás. Moita sorte, e voltade cando queirades, sempre seredes ben recibidos. 

Deixámosvos unha pequena reportaxe fotográfica dese día.

ÁLBUM DE FOTOS 

VÍDEO 



337. V EDICIÓN DO FARO DA ESCOLA (Xuño 2020)

O pasado xoves 18 de xuño, no parque Quiñones de León tivo lugar a entrega dun cadro conmemorativo pola participación do colexio na V edición do Faro da Escola.
A alumna Laura García Martínez de 6º acudiu ao acto en representación das súas compañeiras e compañeiros acompañada pola súa titora e a directora do colexio.

336. DÍA DA FAMILIA (Mayo 2020)




¡Hola familia Bouza Brey.!

Hoy es el día de la familia y, como todos los años, vamos a celebrar el festival. 
Este año lo celebraremos, pero desde casa. Los niños de segundo y sus padres hemos hecho una actuación “on line“, esperamos que os guste, lo hemos hecho con mucho cariño y pasamos unos ratos divertidos.

Un abrazo, de la familia que formamos la clase de segundo.

334. RALLY CIENTÍFICO E MATEMÁTICO SEN FRONTEIRAS (Marzo 2020)

No medio da difícil situación na que nos atopamos, dende a nosa escola sae unha moi boa noticia.
Algúns recordaredes que un grupo de alumnos de ESO, da man do profesor Alberto Pérez, participaron no "Rally Científico e Matemático sen fronteiras". Pois temos que darlle a noraboa a un dos equipos participantes que se clasificou para a seguinta fase, que consistirá nunha proba presencial galega, que loxicamente nestes momentos está posposta.

Este equipo está formado por alumnos de 2º ESO: 
  • Sabela Abalde López
  • Pablo Acuña Pérez
  • Sergio Cañón Iglesias
  • Noa Díaz Pérez
  • Brais Fernández Domínguez
  • Roi Fernández Domínguez
  • Mencía Jorge Cabaleiro
  • Andrea Rodríguez Ruiz-Zorrilla
Se queredes máis información sobre a clasificación deixámosvos o enlace seguinte: http://www.igaciencia.eu/gl/node/347