O pasado martes día 23 de febreiro os rapaces de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria recibimos a visita da escritora viguesa Ledicia Costas. Explicounos o interesante e divertido que é ser escritora. Falounos da súa obra "Escarlatina" pola que gañou o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil 2015 e animounos no noso traballo para o concurso do Faro da Escola no que todos estamos a traballar, a fin de contas nós tamén estamos tentando ser escritores nestes días!
No hay comentarios:
Publicar un comentario