174. O FARO DA ESCOLA (Marzo 2016)


O día 7 de marzo os alumnos de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria fixemos, como di o Faro de Vigo na edición do día 8 de marzo, o noso “bautismo periodístico”. Acudimos ao Auditorio Mar de Vigo a entrevistar a tres grandes deportistas: Chus Lago, Vlado Gudelj e Oscar Pereiro. Puidemos facerlles dúas preguntas elixidas entre todas as que prepararon os alumnos de 5º e 6º. A primeira foi para os tres entrevistados, canta vontade precisaron para chegar a onde chegaran?; e a segunda, especificamente para Chus Lago, puido a alegría de alcanzar o cume do Everest co esforzo de atravesar a Antártida? 
Tamén observamos en directo como traballaban os reporteiros do Faro para preparar esta noticia e miramos divertidos como o humorista gráfico, Luís Davila facía a tira cómica que aparece na páxina desta noticia no Faro. Ao rematar todos asinaron autógrafos!

Os catro cursos de Primaria estamos metidos no proxecto didáctico Faro da Escola no que preparamos un periódico propio no colexio. Os xornalistas do Faro ensináronnos a traballar as noticias, as entrevistas, as tiras cómicas, a fotografía… Temos visitas de escritores, dos reporteiros…e imos aprendendo. A ver como queda ese periódico!

No hay comentarios: